Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ventris C. Gibson, directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 2021.

O posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos é un nomeamento competencia do presidente do país, que, consonte a Constitución dos EEUU, require a posterior aprobación do Senado.[1]

Selo da Casa da Moeda dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Tesouro.

O cargo de director existe desde a propia creación da Casa da Moeda dos Estados Unidos, mediante a Lei da Moeda do 2 de abril de 1792.[2] A Lei da Moeda do 12 de febreiro de 1873 limitou a cinco anos a duración do período de dirección da casa da moeda. O director exerce baixo as instrucións xerais do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos.[3]

David J. Ryder tomou posesión no posto en abril de 2018, logo de exercelo previamente no bienio 1992-1993.[4][5]

Cando o posto de director da US Mint fica vacante, o funcionario de carreira de nivel superior actúa como director interino. Ata o nomeamento de Ryder, a ceca non dispuxera dun director oficial desde a renuncia de Edmund C. Moy en 2011.[6][7]

  1. "Presidential Appointee Positions Requiring Senate Confirmation and Committees Handling Nominations". Congressional Research Service.
  2. Texto da Lei da moeda de 1792. United States Mint.
  3. Texto da Lei da cuñaxe de 1873. Library of Congress.
  4. "David J. Ryder sworn in as 39th United States Mint Director". En Coins Weekly. 30 de maio de 2018.
  5. "David J. Ryder Confirmed as 39th U.S. Mint Director". En Coin Week. 23 de marzo de 2018.
  6. "US Mint Director Edmund Moy Resigns". En Coin Week. 22 de decembro de 2010.
  7. "US Mint Director Edmund Moy Resigns Arquivado 18 de maio de 2021 en Wayback Machine.". En Coin Update. 21 de decembro de 2010.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy